Obradoiro infantil de adornos do Nadal

🎄🎅 Adiantamos unha das actividades previstas para este Nadal na biblioteca debido á que é necesario inscribirse con suficiente antelación para ter preparados os kits de traballo personalizados. Podedes apuntarvos segundo a idade a dous obradoiros de adornos que elaboraremos coa técnica do tricotín. Vernes 15 de decembro ás 17:30h para nenos e nenas maiores de 8 anos. Venres 22 de decembro ás 17:30h para nenos e nenas de entre 5 e 7 anos. O custe do obradoiro é de 5€ para os gastos de material. Non vos descoidedes, que as prazas son limitadas!