Apertura da nova biblioteca

O venres 27 de outubro ás 17:30 h abriremos a nova biblioteca só para as usuarias e usuarios menores de 16 anos. Trátase dunha apertura especial só para rapaces e rapazas , para que coñezan as instalacións antes ca os adultos. O luns 30 e o martes 31 de outubro a biblioteca permanecerá pechada polos preparativos e a festa do Samaín. (Estaremos na biblioteca "vella") O xoves día 2 de novembro: APERTURA DA NOVA BIBLIOTECA.