Para conmemorar o Dia Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres (25 novembro) propoñemos para o mes de novembro diferentes actividades: Obradoiro de autocoidado Os venres de novembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel: Trátase dun obradoiro práctico no que cada xornada tratará sobre un tema: Vivir conscientemente e sen estrés, lidiar coa ansiedade, Autoestima e quererse máis a unha mesma e Liberarse do que nos fai infelices. Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada os venres do mes de novembro Exposición fotográfica Inmarcesibles ‘Inmarcesibles’ é unha exposición itinerante, impulsada dende os Servizos Sociais do Concello de Sober con financiación do Ministerio de Igualdade sobre a beleza real feminina. Poderase visitar do 29 de novembro ao 2 de decembro. Horario pendente de confirmar. Biblioteca violeta Os préstamos de libros sobre feminismo, violencia de xénero, etc real...