Co gallo do Día da Muller queremos recomendarvos dende a biblioteca dous libros para nenos e nenas dispoñibles online para descargar e traballar na casa, porque se educamos en igualdade viviremos en igualdade! Caderno para colorear do libro infantil "Elas son animais" Os primeiros libros que chegan a nenas e nenos adoitan presentar animais, na maioría das veces en masculino. Co caderno para colorear do libro "Elas son animais" da Secretaría xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, os máis pequenos e pequenas coñecerán o nome das femias dos seus animais favoritos: cadela, raposa, parrula... O obxectivo deste libro é que os máis pequenos e pequenas ademais de aprender o nome das femias dos animais, reforcen a súa interpretación como seres fortes, independentes, traballadores... Podes descargar o caderno aquí . Os Bolechas pola igualdade Na páxina oficial de Os Bolechas tamén atoparás un libro e un caderno de actividades para descargar e traballar pola igualdade no fo...