Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Axuda para sacar o carné de conducir

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ó alcance dos mozos entre 18 e 30 anos a obtención do carné de conducir, mediante unha axuda de 200 euros. Requisitos: Ser titular do carné xove Estar en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de 6 meses Non ter a unidade familiar ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM Obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro  Superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria organizado pola DXXV. Máis información en www.xuventude.net

Comunícate!,

Imagen
O pasado venres celebrouse en Esgos o obradoiro práctico "COMUNICATE!" do programa "Activa" da  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no que participaron 15 mozos/as. Ó longo dunha hora e media tratáronse temas como: a c omunicación verbal e  non verbal, a  importancia de saber transmitir,  cómo transmitir ideas, a x esticulación, o m ovemento, etc. Os asistentes recibirán un diploma da DXXV.

Obradoiro: Comunícate!

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo en marcha o proxecto "ACTIVA" dirixido á mocidade galega. Este programa pretende facer chegar á mocidade, a través dun obradoiro práctico e dinámico, tanto a información sobre os recursos dispoñibles dende a DXXV como formación que lles poda axudar de cara a un futuro. Dentro dos obradoiros que se ofertan neste programa vaise levar a cabo en Esgos o denominado "Comunícate". Lugar: Local social de Esgos Data: Venres 20 de abril Horario: 17.30 horas. Nestre obradoiro tratarans temas como: a c omunicación verbal e non verbal, a importancia de saber transmitir, cómo transmitir ideas, x esticulación, m ovemento, e stratexias para perder o medo escénico, etc. Todos os mozos interesados en participar deberán anotarse na biblioteca ou no concello.