Magosto 2011

O magosto 2011 do concello de Esgos celebrarase o vindeiro domingo 6 de novembro. A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas". As entradas poderán comprarse nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa. Día: Domingo, 6 de novembro Hora: 13.00 horas Lugar: Praza da Souteira, en Esgos