O domingo 22 de febreiro pola mañá os felos recorreran os pobos do concello e pola tarde, ás 17.00 horas empezará o concurso de disfraces na praza da Souteira (Esgos). PERCORRIDO DOS FELOS E MADAMAS Entre as 9 e as 9.30 concentráranse os felos e madamas na Praza do Afiador (Esgos) e sairan en autobús cara Vilar. A continuación irán a Lobaces, Gomariz, Loña, Cernada, Quinta, Melón Alto, Melón Baixo, As Meiroás, A Touza, Fondo de Vila e Casanova. Ás 17.00 horas participarán no desfile de carrozas e disfraces en Esgos. Despois do desfile acudirán a: Lama, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso (ás 21.00 horas aproximadamente). DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES Ás 17.00 horas celebrarase na Praza da Souteira (Esgos) o desfile de disfraces e carrozas, acompañados polos felos e as madamas e unha charanga. Haberá regalos para os nenos disfrazados e merenda para todos os asistentes. Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no concello antes do 20 de febrei...