Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

Curso Ferramentas de Intervención Xerontolóxica e Acompañamento Dixital

Imagen
Queres participar nun curso de promoción da saúde, o benestar e a autonomía das personas maiores? O Concello de Esgos organiza o curso "Ferramentas de Intervención Xerontolóxica e Acompañamento Dixital" do proxecto "Ourense Reto Dixital" da Deputación de Ourense, no que os participantes aprenderán a instalar nos seus teléfonos e a usar aplicacións para mellorar a memoria, promover o deporte... Para que se poida realizar o curso en Esgos necesítase un mínimo de participantes polo que se estás interesado inscríbete o antes posible. Duración: 7.5 horas distribuídas en 3 sesións Destinatarios: Maiores de 65 anoscur Inscricións: Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca

Formación online para a cidadanía

Imagen
Queres formarte de maneira online en competencias dixitais? O Concello de Esgos únese ao proxecto "Ourense Reto Rural Dixital" da Deputación de Ourense, que ten previsto capacitar a 6.000 personas de zonas rurais mediante cursos presenciais e virtuais, cunha duración de 7,5 horas centrados en la adquisición de competencias dixitales básicas.  🔝 As personas destinatarias poden ser menores, personas maiores ou cidadanía en xeneral tanto ocupados coma desempregados. ✔ Intelixencia Artificial ✔ Ciberseguridade ✔ Plan dixital familiar ✔ Realidade virtual e STEAM ✔ Competencias dixitales básicas e avanzadas Se queres realizar algún dos cursos de maneira online podes inscribirte en https://retodigital.depourense.gal/ Máis info na biblioteca de Esgos

Día do usuario das bibliotecas

Imagen
No mes de xaneiro celébrase o "Día do usuario" nas bibliotecas públicas e na de Esgos queremos facer un recoñecemento público aos usuarios que máis nos visitan e aos que más libros retiran, xa que os usuarios sodes a razón de existir das bibliotecas públicas. ▪️ Usuarios que máis acuden á biblioteca:  Adultos: Chita, Marti Carmen e Martín Mocidade:  Galiza, Eva e Fernando Infantil: Hugo, Xabi e Dana ▪️ Usuarios con máis préstamos: Adultos: Moncho, Loli e Layo Mocidade: Eva, Fernando e Ainhoa Infantil: Xabi, Dana e Noa Durante o ano 2025 realizáronse case 800 préstamos de libros o que supón un gran logro. Sigamos así. Parabéns!!