Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

Libros para conmemorar o 25 N

Imagen
Para conmemorar o 25N  (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres) dende a biblioteca propoñemos unha serie de libros para todas as idades.  Poderás atopar libros libros educativos, novelas, casos reais e contos infantís. Ler é unha ferramenta poderosa para previr a violencia de xénero dende a infancia ata a idade adulta, porque fomenta a empatía, axuda a identificar situacións de maltrato e promove a igualdade. 

Curso de autodefensa para mulleres

Imagen
  Clase de autodefensa para mulleres da man de Lorena Gómez Cid. Non se require unha determinada condición física nin hai límite de idade, só ter ganas de aprender e pasalo ben!! Sábado 29 de novembro de 11:00 a 13:00h no Centro Cultural Parada Justel. Inscricións nos Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca. Esta actividade forma parte da programación do concello para o mes de novembro, no que conmemoramos o Día Internacional da elimininación da violencia de xénero.

Campaña de recollida de alimentos

Imagen
Un Nadal máis a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Esgos súmanse a campaña de recollida de alimentos nos perecedeiros "Por un Nadal Feliz para tod@s", organizada por O Voluntariado de Protección Civil en Ourense  a favor do Banco de Alimentos de Ourense. Podes contrubuir na recollida entregando alimentos nos pereceiros nos puntos de recollida situados no Concello, na biblioteca, nos bares e tendas marcados co cartel da campaña. Ademais, voluntariados de protección civil farán como o ano pasado un percorrido polos diferentes pobos para a recollida de alimentos.

Charlas do Plan Maior Seguridade

Imagen
A Garda Civil ofrecerá dúas charlas sobre o “Plan Maior de Seguridade” no Concello de Esgos organizadas polos Servizos Sociais do Concello. Centro Cultural Parada Justel (Esgos): mércores 19 de novembro ás 18:30h Local social de Pardeconde: Xoves 27 de novembro ás 17:30h O «Plan Maior Seguridade» é unha iniciativa do Ministerio do Interior de España que ten como obxectivo principal previr as principais ameazas que afectan á seguridade das persoas maiores e que busca fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Nestes encontros, proporciónanse consellos prácticos para previr estafas, roubos e outros delitos comúns, ademais de ofrecer pautas claras sobre como actuar en caso de ser vítima dun delito.