Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2025

3º Mercadillo veciñal de segunda man

Imagen
  O Concello de Esgos organiza a terceira edición do Mercadillo veciñal de segunda man co obxectivo de fomentar o intercambio e reutilización de obxectos de segunda man e a comunicación e convivencia entre os veciños. 📆 Domingo 21 de setembro  🕰️ Dende as 11:00h ata as 19:00h 📌 Praza de Saa e Praza do Afiador (Esgos) ‼️ Este ano ademais, ás cinco da tarde os asistentes poderán participar nunha poxa moi especial. CONDICIÓNS E REQUISITOS PARA INSTALAR UN POSTO NO MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN DE ESGOS Os postos do Mercadillo Veciñal están destinados exclusivamente aos veciños e veciñas do Concello de Esgos, a título particular e nunca como persoa empresaria. Por iso, non se realizará actividade profesional e/o comercial algunha durante o mercadillo, sendo o obxecto do mesmo a venda e/o intercambio de obxectos usados entre particulares. Os artigos serán intercambiados por outros, ou vendidos por prezos módicos ou simbólicos e inferiores ao prezo de adquisición. As asociacións...

Palitroques

Imagen
  Palitroques é un sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas. Neste obradoiro práctico deberanse superar diversos retos en equipo nun tempo determinado, o mesmo que nunha Xincana Construtiva.  Máis info e inscricións na biblioteca. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Actividades para o mes de setembro

Imagen
Adianto da programación prevista para este mes de setembro. Ampliarase a información sobre as diferentes actividades nos vindeiros días. 🔹 Palitroques: obradoiro de arquitectura.  Xoves 11 ás 18:00h na biblioteca municipal. 🔹 Inicio das clases de gaita e percusión da escola de música da Banda de Gaitas do Concello. Sábado 13 ás 18:00h 🔹 Xuntanza de entroidos organizada pola Asociación de Felos e Madamas do Concello de Esgos. Participarán varios grupos de entroidos doutros lugares da provincia. Sábado 20 a partir das 16:00h 🔹 III Mercadillo veciñal de segunda man Domingo 21 dende as 10:30h 🔹 Concerto no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Interritmos, raíces vivas. Sábado 27.