Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2025

Escola de música tradicional

Imagen
O día 13 de setembro ás 18:00h daremos inicio ás clases da escola facendo unha pequena reunión cos pais e nais de todos os rapaces e rapazas que queiran seguir na escola ou ben comezar de cero.  As rapazas e rapaces poderánse apuntar a partir dos 3 anos para adiante e as clases serán os sábados pola tarde, grupais, nun horario a determinar o día da reunión en base ao alumnado que desexe apuntarse. Agardámosvos a todxs na praza da Souteira (Esgos) o día 13!!

Pechado por vacacións

 A biblioteca estará pechada do 14 ao 29 de agosto. Voltamos o luns 1 de setembro en horario de tarde.

Programación mes de agosto

Imagen
  Curso de socorrismo acuático. Luns 4 de agosto ás 16:30h na piscina municipal. Inscricións para participar na piscina ou na biblioteca Cine: Padre no hay más que uno IV Mércores 6 de agosto ás 22:30h en Vilar de Ordelles. Feira do Pinto Sábado 9 de agosto no Pinto. Degustación de callos. Concerto do grupode acordeóns Bieito Blanco Mércores 13 de agosto ás 20:30h na Praza da Souteira (Esgos) Encontro de repenicadores de campás Domingo 17 de agosto ás 12:00h na igrexa de Vilar de Ordelles. Inchables e festa da escuma. Mércores 20 de agosto de 10:30 a 13:30h no entorno das piscinas Cine Mércores 20 de agosto ás 22:00h na Praza da Souteira (Esgos) Festa do emigrante Xoves 21 de agosto na Praza da Souteira (Esgos)