Agardando o mes de decembro na biblioteca

A piques de comezar o mes de decembro queremos compartir con vós un par de cousiñas: Unha usuaria habitual da biblioteca tróuxonos este agasallo para decorar a biblioteca: Un ano máis colaboramos con Protección Civil na campaña de recolecta de alimentos "Por un Nadal feliz para todos" e xa temos instalada na biblioteca a caixa da recollida. Así que se estes días pasades pola biblioteca para entregar ou recoller algún libro, non vos esquezades de colaborar con algún alimento non perecedeiro. Ademais ampliamos o catálogo con algunhas novidades editoriais coma estas: