Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

Programación do verán

Imagen
Actividades previstas para este verán 2024:  Ampliararase información para cada unha delas

Curso de cociña para a mocidade

Imagen
  Aproveita o verán e apúntate ao curso de cociña que impartirá o concello no local social de Rezomilo, en Vilar. Luns 29 de xullo ás 10:30 horas Ademais de aprender a cociñar platos básicos aprenderemos que as tarefas de cociñar e limpar non están asignadas ao xénero feminino. Inscríbete presencialmente na biblioteca ou a través do whastapp. Prazas limitadas! AVISO: A biblioteca permanecerá pechada o luns 29 xa que estaremos neste curso!!

As cousas pequenas contan

Imagen
O vindeiro martes os nenos e nenas do campamento de verán participarán no obradoiro creativo "As cousas pequenas contan" Os obxectos que atopamos no teu fogar poden converterse, grazas ao poder da imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras.  - Martes 9 de xullo ás 11:30h na biblioteca municipal de Esgos Se algún cativo que non asiste ao campamento quere participar neste obradoiro debe inscribirse na biblioteca o antes posible, xa que as prazas son limitadas. Este obradoiro forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Xunta de Galicia

Curso de socorrismo para rapaces

Imagen
  O vindeiro luns os nenos e nenas que o desexen poderán asistir na piscina municipal a unha CLASE DE SOCORRISMO na que se lles ensinarán de forma divertida as distintas técnicas de rescate e socorrismo para evitar desgustos na auga. 📆 Luns 8 de xullo ás 16:00h na piscina municipal. 🔹 Prazas limitadas. Inscricións na piscina. 🔸 Requisitos: saber nadar e ter ata 16 anos Obxectivos: - Promover a seguridade na auga e a prevención de accidentes acuáticos - Fomentar a responsabilidade e ou respecto polas normas de seguridade na piscina. - Iniciar aos participantes entécnicas de salvamento e socorrismo. O curso será impartido de maneira gratuita polo club de salvamento e socorrismo de Ourense SALVOUR en colaboración coa Deputación de Ourense e terá unha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos dependendo do número de participantes.

Horario de verano

Imagen
A partir del lunes 8 de julio la biblioteca estará abierta por las mañanas de 11:00 a 14:00 horas