Estudo "O valor social das bibliotecas"

A Dirección Xeral de Cultura puxo en marcha un estudo titulado "O valor social das bibliotecas" para coñecer como a cidadanía valora os servizos que ofrecen as bibliotecas. Dende a biblioteca animámosvos a participar na recollida de datos para a elaboración deste estudo. Só tedes que contestar unha pequena enquisa en liña, dirixida tanto a persoas usuarias das bibliotecas como a persoas que habitualmente non usan este servizo. Para acceder á enquisa escaneade o código QR do cartel. Tamén podedes participar cubrindo o cuestionario de xeito manual que estará dispoñible na biblioteca.