Banco de libros de lectura escolar
Na biblioteca tentamos poñer á disposición das familias a maior parte dos libros de lectura obrigatoria que lle piden á rapazada nos colexios e instituto. Entederedes que non é posible ofrecer todos os libros porque: O alumnado repártese por varios centros educativos (Ben Cho Shey, Mende, IESP de Maceda, Carmelitas, Lagoas...) e cada centro solicita libros diferentes. Cada escolar necesita libros en castelán, galego e inglés para cada trimestre Algúns libros teñen que utilizalos durante todo o trimestre. Así que ademais do préstamo bibliotecario e interbibliotecario, poñemos en marcha un BANCO DE LIBROS DE LECTURA ESCOLAR, que funcionará da seguinte maneira: 1. Cada familia enviará un listado á biblioteca dos libros de lectura que teñan na casa e que estén dispostos a prestar. Só nos interesan os libros de lectura que lles pediron no seu centro educativo. Os libros permanecerán no domicilio da familia ata que se lle solicite. 2. Cando un usuario non atope na biblioteca un libro porque...