Lingua de namorar 2019
As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan Lingua de namorar , un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido ás mozas e mozos de 14 a 35 anos. O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e na Internet. Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario . Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: Categoría A (de 14 a 19 anos): Tablet SPC Gravity PRO Libro electrónico EareaderBQ Cervantes Altofalante portátil DAEWOO Categoría B (de 20 a 35 anos): Ordenador portátil HP Sistema de son NEVIR Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO O prazo para enviar as mensaxes remata o 28 de febreiro. Do 1 ao...