DESTINATARIOS: Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán. MODALIDADES - Campamento de verán - Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello. HORARIO: - Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h -Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS: - Quincena do 2 ao 13 de xullo - Quincena do 16 ao 27 de xullo - Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto - Quincena do 13 ao 24 de agosto Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia. Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade. PRAZO DE SOLICITUDE: Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018 Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello. As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro...