Que é Xuventur? Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade. Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro. Quen pode participar? Mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia. Obxectivos do programa • Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal. • Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. • Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de G...