A Deputación de Ourense promove un ano máis, en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, o programa “Esquiou 2017” que pretende achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense. Participantes: nenos e nenas nacidos na proviencia de Ourense entre 1 de xaneiro 2005 e o 31 de decembro de 2008 Actividades: “Esquiou” ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias Duración: dúas noites e tres días de luns a mércores. Inscricións: dende hoxe ata o 15 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. Custe: Cada participantes deberá aboar unha cantidade de 29 euros. Unha vez realizada a preinscrición realizaranse os grupos por quendas, sendo o método de selección dos participantes por orde de inscrición. Máis información en http://deportes.depourense.es/aberto-o-prazo-de-inscricion-do-programa-esquiou-201...