Excursión a Combarro para mozos e mozas

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Esgos organiza para o domingo 18 de setembro unha excursión a Combarro (Pontevedra) para mozos e mozas de entre 15 e 35 anos. As inscricións poden facerse nas oficinas municipais, na biblioteca, por correo electrónico ou a través do facebook do Concello antes do 12 de setembro. A reserva de prazas farase por riguro orde de inscrición, con preferencia para os empadroados neste concello. Prezos: 20 € para os empadroados e 25€ non empadroados. Inclúe: viaxe en autobús, visita pola vila de Combarro, ruta en barco pola ría e tempo de lecer. Non inclúe o xantar.