Programa Activa 2014
O programa Activa 2014 ten como obxectivo proporcionar aos mozos e mozas menores de 30 anos ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega. Dentro deste programa levaránse a cabo ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro , naqueles concellos que o soliciten, unhas xornadas e obradoiros de dúas horas de duración. Os mozos que queiran asistir a algún destes obradoiros deberá comunicalo na biblitoeca antes do 14 de maio, e o obradoiro que teña máis solicitudes será o que pediremos. (Se non se consigue un mínimo de asistentes non se pode solicitar) Os obradoiros dispoñibles son: “Emprendendo dende a rede”: Obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos. “Liderado para o éxito”: Obradoiro de resolución de conflitos e comunicación (persoal e interpersoal). Deseño dun proxecto de crecemento persoal; análise da situación que leva a conflito, as metas e os...