Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2013

Cine de Nadal

Imagen
Dentro das actividades de Nadal, hoxe tivemos unha tarde de cine. Estivemos no centro cultural Parada Justel vendo unha película e desfrutando dunhos flocos de millo.

Pazolandia

Imagen
Un ano mais, nas actividades do Nadal non podía faltar Pazolandia. Así que hoxe pasamos a mañá neste parque de atraccions.

Manualidades de Nadal

Imagen
Para adornar a casa estivemos facendo estrelas de plastilina con purpurina, Bolas de cartón e papel de cores, Tamén nos fixemos fotos nun estupendo mural que nos preparou Bea (moitas grazas) Esperamos que vos gustara. Bo Nadal!

Bo nadal

Imagen
Por mor das actividades que temos preparadas para os nenos e as festas do Nadal, a biblioteca estará pechada ó público ata o martes 7 de xaneiro. Bo Nadal e feliz ano novo!

O Nadal na biblioteca

Imagen
Na biblioteca están os nenos debuxando un portal de Belén entre todos. Aínda faltan moitas figuras, pero de momento está quedando así: Para estes dias, o Concello organiza varias actividades para os mais pequenos: Concerto de Nadal O domingo 22 ás 18:00 horas actuarán no Centro Cultural Parada Justel a Coral Camerata Auriense e a escola de gaita e a Banda de gaitas do Concello de Esgos XIV Concurso de postais  Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo. O prazo para presentar as postais remata o 2 de xaneiro. Manualidades do Nadal  O luns 23 de decembro no local social de Esgos ás 17:30 horas. Pazolandia    Venres 27 de decembro pola mañá Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 24 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados Cine infantil  O luns 30 de decembro no Centro Cultural Parada Justel ás 17:30...

Clases de iniciación á informática e internet

Imagen
O pasado mes de novembro comezamos un novo curso de iniciación á informática e internet A este curso asisten veciños de Pardeconde, Fondo de Vila, As Meiroás, Quinta do Monte e Calsomiro.

Programa de actividades para o 2014 da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños"

Imagen