No sin mi hija

Máis de 20 persoas, casi na sua totalidade mulleres, asistiron onte á proxección da película "No sin mi hija" convocadas pola Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños". Esta actividade estaba aberta a todos os veciños, socias e non socios porque formaba parte das actividades do dia internacional contra a violencia de xénero. O vindeiro domingo poderase ver a película "Te doy mis ojos" tamén ás 17:15 horas, no Centro Cultural Parada Justel.