Comic "Os perigos de Internet"

O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet , unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares. Este comic está deseñado para alertar das ameazas que poden atopar os adolescentes na rede, especialmente o ciberacoso e os perigos dos depredadores sexuais Na biblioteca municipal temos varios exemplares a disposición dos rapaces e tamén dos pais. Vídeo promocional Abrir comic "Os perigos de Internet"