Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense A Deputación de Ourense xunto con Concello de Celanova, promoven o Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense, dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 15 anos. Trátase dun campamento baseado no coñecemento da provincia de Ourense que se levará nas instalacións do Albergue Municipal de Celanova durante o mes de agosto cunha duración semanal (5-10; 12-17; 1-24; 26-31 de agosto). Por unha banda realizaránse xogos temáticos en Castromao e na Vila de Vilanova dos Infantes, así como visitas á Baixa Limia, Muiños e Bande. Os obradoiros abranguen diversas actividades: xogos tradicionais, diario con material para reciclaxe, títeres, fíos e pulseiras... O custo da estadía semanal é de 100 euros todo incluído. Máis información na biblioteca municipal ou directamente cos organizadores no número de teléfono 661120370. Campamento de verán no complexo turístico deportivo "O Corgo" (Muíños) O Concello de Muíños xunto coa Deputación...