A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías - AGESTIC- www.agestic.org, co apoio e cofinanciación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo - Plan Avanza 2 pon en marcha o proxecto "DESTINO EMPLEO" : Se es unha muller residente en Galicia e queres mellorar as túas habilidades e competencias á hora de atopar emprego ou pór en marcha o teu propio negocio , DESTINO EMPLEO, pódeche axudar. Totalmente on-line , de forma gratuíta e co apoio de expertos poderás aprender a sacarlle o máximo partido aos portais de emprego, as redes sociais, crearche unha identidade dixital, trucos para os teus CV etc ou ser guiada e asesorada para levar a túa idea de negocio á realidade (plan de empresa, marketing, financiamento, recursos humanos...) Se estás interesada en participar no proxecto envía un correo a proyectos@agestic.org , indicando o teu nome e apelidos, teléfono e o que prefires (atopar emprego ou pór en marcha o meu propio negocio, só é posible escoller un dos dous) Data d...