Taller de memoria
Un ano máis o Concello vai realizar o obradoiro de memoria , que engloba diferentes temas como: talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración... Está dirixido a todos os veciños/as e non hai límite de idade para participar. Esta edición do taller comezará o luns 5 de marzo, e para evitar desprazamentos, impartirase como viña sendo costume nos locais sociais: Pardeconde - Quinta do Monte: Os luns de 3 a 4.30 horas da tarde Esgos - O Pinto: Os luns de 4.45 a 6.15 horas da tarde Gomariz - Lobaces: Os luns de 6.30 a 8 horas da tarde.