En tren ao parque do Invernadeiro
O vindeiro venres 9 e sábado 10 de setembro temos preparada unha actividade, “EN TREN AO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO” destinada a nenos de entre 7 e 12 anos. A actividade comezará o venres 9 ás 14:00 horas e rematará o sábado 10 ás 17:00 horas da tarde e ten un custe de 10 euros por persoa. Programación: Venres 9 de setembro: · Ás 14:00 horas: todos os participantes deberán estar na estación de tren de Baños de Molgas (deberán vir xa comidos). Visita á estación e ó museo de Moncho Borrajo. · 15:30: Saída do tren. · 16:30: Chegada á Campobecerros . · 17:00: Visita á aldea de Campobecerros e paseo pola Vía da Prata. · 21: 00: Cea e aloxamento no albergue de Campobecerros Sábado 10 de setembro: · 9: 00: almorzo · 9: 30: saída camiñando ó parque do Invernadeiro pola Vía da Prata . · 10:30 : Visita ó parque do Invernadeiro · 11:30 : Visita en auto...