Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2010

Curso gaita e percusión

Imagen
Comeza unha nova edición do "Curso de Gaita e Percusión". O sábado 2 de outubro haberá unha reunión informativa no local que a banda de gaitas de Esgos ten no Pinto para organizar o novo curso. Máis información nas oficinas do concello.

EDUCAMÓBIL

O vehículo "EDUCAMOBIL" volverá a visitar o concello de Esgos a vindeira semana. Todos os rapaces de entre 4 e 11 anos que o desexen, poderán achegarse ó autobús e disfrutar de xogos informáticos e de lecer totalmente gratis . Dia: martes 5 de outubro Hora: 17:00 a 20:00 horas Lugar: ó carón do local social de Vilar O proxecto "EDUCAMOBIL" posto en marcha pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación SEUR é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música, xogos supervisado por persoal cualificado.

Taller de exercitación da memoria

Imagen
Un ano máis dende o Concello vaise a realizar un obradoiro de memoria , que comezará a primeira semana de outubro. Este obradoiro vai englobar diferentes temas como: Talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración... O obradoiro que é totalmente gratuíto, está dirixido a todos os veciños/as, non hai límite de idade para participar e para evitar desprazamentos impartirase como ata agora, nos locais sociais. Máis información nos Servizos Socias do concello ou chamando ao 988290000.

Novos cursos de iniciación á informática

Imagen
Nos vindeiros días comezarán novos cursos de iniciación á informática e internet . Estes cursos van dirixidos a adultos sen coñecementos de informática que queiran aprender o funcionamento básico dun ordenador e a navegar e comunicarse por internet. Os interesados en participar nestes cursos deberán comunicalo na biblioteca ou no concello. As clases teñen unha duración dunha hora e impártense dous días a semana no horario que mellor conveña ós alumnos, normalmente a última hora da tarde. Dende eiquí pedimos a vosa colaboración para lograr a máxima difusión destes cursos.

Horario da biblioteca

Coincidindo co peche das piscinas municipais e coa volta ao cole a biblioteca cambia o seu horario de apertura. A partir do luns, 13 de setembro, voltaremos a abrir polas tardes: De luns a venres De 17:30 a 20:30 horas.

Prescolar na casa

¿Preocúpache a educación do teu fillo ou da túa filla? O programa "Prescolar na Casa" ofrece ás familias a posibilidade de profundizar no desenvolvemento dos nenos e das nenas, encontrarse con outras familias e encontrar ós nenos con outros nenos e adultos. Está dirixido a todos os nenos de entre 0 e 6 anos . Se queres participar nas actividades do programa, acude Lugar: local social de Esgos Data: mércores, 15 de setembro Hora: 10:30 horas Para máis información: Servizos sociais do concello (988290000) Fundación Prescolar na casa ( 982216001, correo@prescolarnacasa.org, www.prescolarnacasa.org )

Peche das piscinas municipais

Durante o que queda de semana e ata o domingo 12 de setembro as piscinas municipais estarán abertas de 15:00 a 20:30 horas. O domingo 12 de setembro pecharán ata o verán do 2011.