Movilízate pola selva!
“Mobilizache pola selva” é unha campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall España. O concello de Esgos colabora con esta campaña e para iso pon a disposición dos veciños nos baixos do concello , unha urna onde depositar dunha forma sinxela e gratuíta os móbiles en desuso (en funcionamento ou non), para reciclar elementos útiles e dispor axeitadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio. Ademais, a recollida de móbiles permite recadar fondos para programas de educación e conservación en R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de máis de 140 chimpancés rescatados, a gran maioría chegada en pésimas condicións tras ser comisados a cazadores, traficantes ou particulares. Máis información no concello, na biblioteca e en www.movilizateporlaselva.org