A Consellería de Innovación e Industria convoca subvencións para a adquisición de ordenadores para os traballadores autónomos de Galicia, agás os comerciantes retallistas, que teñen axudas específicas. Material subvencionable: Ordenador persoal portátil ou de sobremesa configurado con software libre: sistema operativo LINUX, paquete ofimático OpenOffice e navegador de internet Mozilla Firefox. Cuantía da subvención: 45% da base impoñible , excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario, ata un total de 350 euros. Cal é o prazo de solicitude? A partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, ate esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto. Onde facer os trámites? As subvencións tramitaranas os provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras . En Ourense: Discount Informatico S.L , Enbel Informatica S.L , Hita Torres Tridente 2007 S.L e Redegal S.L Qu...