Entradas

Voltamos ao horario de tarde

Voltamos ao horario de inverno, a partir do mércores 2 de setembro a biblioteca estará aberta polas tardes, de 17:15 a 20:15 h coincidindo co peche das piscinas municipais.

Maxia divertida

Imagen
Por mor da choiva de onte tivemos que trasladar a "Maxia divertida" ao Centro Cultural Parada Justel.  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura para bibliotecas "Ler conta moito", da Xunta de Galicia.

Maxia para animar á lectura

Imagen
O martes 18 de agosto ás 11:30h na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos os nenos e nenas poderán asistir a espectáculo "Unha maxia divertida" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Debido á situación xerada pola Covid-19 será necesario para asistir inscribirse previamente na biblioteca ou na piscina, asistir con máscara e sentarse nos lugares indicados para manter a distancia de seguridade.

Contacontos "O nubinete"

Imagen
Hoxe puidemos desfrutar na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos do contacontos "O nubinete contra o cambio climático" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Gardando as medidas de seguridade pola covid-19, cada un no seu recadro.

O nubinete contra o cambio climático

Imagen
O luns 3 de agosto ás 11:30h na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos os nenos e nenas poderán asistir ao contacontos "O nubinete contra o cambio climático" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Debido á situación xerada pola Covid-19 será necesario para asistir inscribirse previamente na biblioteca, asistir con máscara e sentarse nos lugares indicados para manter a distancia de seguridade.

Horario de verán

O luns 6 de xuño voltamos ao horario de verán na bibliotec a,  de 11:00 a 14:00 horas de luns a venres, para préstamo e devolución de libros.

Apertura das piscinas municipais

Imagen
O venres 3 de xullo abrirán ao público as piscinas municipais, este ano en horario de 14:00 a 21:00 horas. Dada a nova situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción obrigatoria do aforo terán preferencia no acceso á piscina pola seguinte orde: 1º Os veciños empadroados con BONO 2º Os residentes (2ª residencia) con BONO Os interesados nos BONOS deberán facer a súa reserva ata o 2 de xullo e a partir desta data non se farán máis bonos, salvo dispoñibilidade de aforo. A reserva do BONO farase do seguinte xeito: Presencialmente nas oficinas do Concello ou na biblioteca Na sede electrónica: http://concelloesgos.sedelectronica.gal No email info@concelloesgos.com Os prezos dos BONOS son os seguintes: - Menores de 10 anos: gratis, pero deberán reservar igualmente o bono. - De 11 a 17 anos: 10 € empadroados e 20 € residentes - De 18 a 65 anos: 15 € empadroados e 30 € residentes - Maiores de 65 anos: gratis para os empadroados pero teñen que reservar igualmente o bono e 30 € para o...