Entradas

Lingua de namorar 2019

As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan Lingua de namorar , un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido ás mozas e mozos de 14 a 35 anos. O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e na Internet. Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario . Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: Categoría A (de 14 a 19 anos): Tablet SPC Gravity PRO Libro electrónico EareaderBQ Cervantes Altofalante portátil DAEWOO Categoría B (de 20 a 35 anos):  Ordenador portátil HP  Sistema de son NEVIR  Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO O prazo para enviar as mensaxes remata o 28 de febreiro. Do 1 ao...

Diploma do María Moliner

Imagen
Hoxe recibimos o diploma do premio de animación á lectura "María Moliner" concedido á nosa biblioteca. Coa subvención que nos otorga este premio estamos a comprar libros infantís, novela actual, literatura xuvenil, guías de viaxes, etc.

Febreiro reposteiro

Imagen
Na biblioteca temos libros infantís, novelas, biografías... e tamén temos libros de cociña, así que pensamos en darlle un uso "colectivo": Febreiro será o mes reposteiro na biblioteca. Os usuarios que así o desexen, elaborarán galletas, biscoitos, madalenas... e traeranas á biblioteca para merendar, porque unha das preguntas máis recuerrentes na biblioteca é: tes algo por ahí de comer? Hoxe comezamos co biscoito de laranxa elaborado polo persoal da biblioteca. Esperamos que vos guste! Si queres participar, achégate ata a biblioteca.

Premio concurso María Moliner

Imagen
¿Lembrades que a biblioteca resultara agraciada cun dos premios do concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner 2018? Pois comezamos a recibir a semana pasada os primeiros libros do premio e xa os estamos a catalogar para que os poidades levar cando queirades. Os libros que pedistes para o colexio e o instituto, novelas, educativos... (un pouco de todo) empezan a chegar. Non están todos, ainda faltan!

Banco de contenidos AulaPlaneta

Imagen
A partir do martes 22/01/2019 ás 10.00 h. os usuarios dados de alta en GaliciaLe e eBiblio poderán acceder ao "Banco de Contenidos de aulaPlaneta". Este Banco é tanto un recurso de apoio para os estudantes, como unha completa obra de consulta para os adultos.

Recuncho do café

Imagen
Estreamos un novo recuncho na biblioteca: Grazas a un usuario agora dispoñemos dunha cafetera.

Concurso de postais de Nadal

Imagen
Aproveitamos a visita dos Reis Magos para entregar os premios do concurso de postais de Nadal Entre os 23 participantes, resultaron premiados nas diferentes categorías Julieta, Breixo, Irea e Fernando.  Noraboa a todos!!