Entradas

Concurso infantil de tarxetas de Nadal

Imagen
Como todos os anos por estas datas, o concello organiza un concurso de tarxetas de Nadal para todos os nenos do concello. Este ano como novidade, ademais das tarxetas podedes elaborar os vosos propios adornos navideños no Telecentro, o luns día 24 a partir das 6 da tarde. Dende o Telecentro desexámosvos un BO NADAL A continuación podedes ver algunhas das fotos máis navideñas: O sábado día 5 ás 4 da tarde, os Reis Magos visitarán o noso concello e aproveitaran para entregar os premios do concurso de tarxetas de Nadal.

Novos grupos de iniciación á informática

Imagen
A semana pasada comezaron 14 persoas o curso de iniciación á informática, distribuidos en dous grupos: luns e mércores, e outro os martes e xoves. Nesta imaxe podedes ver a algúns dos integrantes do grupo dos luns: E nesta, a algunhas do grupo do martes:

Entrega de diplomas

Imagen
Despois de dous meses de clases, os alumnos dos cursos de informática recibiron hoxe os seus diplomas de man do alcalde. So me queda darvos as grazas a todos por participar, e agardar que practiquedes o aprendido.

Obradoiro de memoria

Imagen
Dende o Concello estase a realizar un obradoiro de memoria que engloba diferentes temas como TALLERES DE ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, NUTRICIÓN, RELAXACIÓN E RESPIRACIÓN. O obradoiro é totalmente gratuíto e está dirixido a todos os veciños/as sen límite de idade. Co fin de limitar os desprazamentos, estase a realizar nos diferentes locais sociais dos pobos: O Pinto, Esgos, Lobaces - Gomariz, Pardeconde - Quinta do Monte. Máis información nos Servizos Sociais do Concello ou chamándo ó teléfono 988 29 00 00.

Magosto 2007

Imagen
Hoxe celebrouse o Magosto do concello de Esgos, na praza da Souteira. Houbo empanada, churrasco, chourizos, e de postre bica, licor café, café e como non, castañas asadas. Próximamente publicaranse as fotos na páxina web do concello.

Nova convocatoria de cursos

Imagen
Durante estes días estase a distribuir polos pobos un novo aviso, no que dende o Concello se anima ós veciños, sexa cal sexa a súa idade a participar nos cursos de Internet. Se coñeces a alguén que poida estar interesado non dubides en animalo para que se pase polo Telecentro. No mes de decembro comenzarán dous novos cursos de Internet. Cada curso impartese dous días á semana (1 hora ó día) durante un mes, en horario de 20:00 á 21:00 para que poida asistir o maior número de persoas.

Curso Word Avanzado

Imagen
El curso de Word Avanzado lo forman 2 hombres y 7 mujeres , con edades comprendidas entre los 30 y los 55 años . Son un grupo muy animado y con muchas ganas de aprender. En esta foto los podeis ver al terminar la clase de hoy: Y para que conste que ya hicieron el curso básico en la primavera pasada, con la colaboración de la Asociación de Vecinos "Rocas" , aquí podeis verlos con sus diplomas: Animaos a participar en el blog añadiendo vuestros comentarios.