Día do libro

Celebraremos o Día do Libro coa presentación do libro "Pero... como morren as pegas? de Oscar M. Guzmán. Oscar naceu no Concello de Vilamarín (Ourense) e traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Pero… como morren as pegas? é a súa segunda novela, obra coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro. Con anterioridade publicou Os segredos de Teresa (2021), coa que inauguraba a saga do inspector Saladino Mariño. Agardámosvos o mércores 23 de abril ás 19:00h na biblioteca municipal de Esgos.