Curso de socorrismo para rapaces
O vindeiro luns os nenos e nenas que o desexen poderán asistir na piscina municipal a unha CLASE DE SOCORRISMO na que se lles ensinarán de forma divertida as distintas técnicas de rescate e socorrismo para evitar desgustos na auga.
📆 Luns 8 de xullo ás 16:00h na piscina municipal.
🔹 Prazas limitadas. Inscricións na piscina.
🔸 Requisitos: saber nadar e ter ata 16 anos
Obxectivos:
- Promover a seguridade na auga e a prevención de accidentes acuáticos
- Fomentar a responsabilidade e ou respecto polas normas de seguridade na piscina.
- Iniciar aos participantes entécnicas de salvamento e socorrismo.
O curso será impartido de maneira gratuita polo club de salvamento e socorrismo de Ourense SALVOUR en colaboración coa Deputación de Ourense e terá unha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos dependendo do número de participantes.

Comentarios
Publicar un comentario