Competencias clave

Non dispós de título de ESO ou Bacharelato? 

A Xunta convoca as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos e así acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade que os inclúen como requisito.   

O prazo de solicitude para presentarse ás probas xa está aberto e remata o 10 de febreiro.

Está previsto que os exames teñan lugar o próximo mes de maio en sesións de mañá e tarde, no Recinto Feiral de Silleda, en Pontevedra.

Con estas medidas a Xunta trata de favorecer o acceso á cualificación profesional de galegas e galegos, sen que a súa formación académica previa poida resultar un impedimento á hora de incrementar as súas opcións laborais no futuro.

Máis info na biblioteca ou no seguinte enlace


Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Escape room na biblioteca

Samaín